← Volver atrás

Seoane Díaz, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Xosé, 2, San Cristovo das Viñas, Santa María de Oza
(A Coruña)
- 09/12/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 23 anos. Fillo de Felipe Seoane e Antonia Díaz. Veciño do barrio da Silva, na Coruña. Violinista afeccionado. Traballou nas vías do ferrocarril.

Socio do ateneo libertario e centro de estudos sociais El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva. Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL).

Executado.

Soldado mobilizado polos franquistas e con destino no Cuartel de Atocha coruñés, no Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na cidade herculina; semella que o incorporaron a filas en agosto de 1936.

Prendérono pola súa suposta participación nun complot para levantar os cuarteis coruñeses contra os militares sublevados.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sublevarse contra os seus mandos co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, a media tarde e con grande expectación, ao ser pasado polas armas en cumprimento do artigo 4 do bando declarativo do estado de guerra.

Fusilaron no Campo da Rata os militares de quinta do cuartel de Infantería da Coruña seguintes: Antonio Barreiro Méndez, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.

A estes oito soldados acusáronos, pola denuncia dun recruta de Santo Estevo de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña), de planear o asasinato dos oficiais do seu acuartelamento.

Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barreiro Méndez, Cristóbal Feliú Lourido, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Tomás Longueira Bermúdez, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz e Adolfo Ponte Rodríguez.

Trasladaron os seus restos a San Cristovo das Viñas o día 11 de novembro de 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.