← Volver atrás

Ferreiro Novo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

A Coruña
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño da Coruña. Militar pola súa quinta.

Membro das Xuventudes Libertarias (XXLL). Soldado do Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña.

Executado.

Participou na tentativa de rebelión nos cuarteis coruñeses no outono de 1936 e acusárono de sublevación e de querer pasar á oficialidade a coitelo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sublevarse contra os seus mandos co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada na Coruña a causa de ser pasado polas armas, a media tarde e con grande expectación, no Campo da Rata e no cumprimento do artigo 4º do bando declaratorio do estado de guerra.

Fusilaron no Campo da Rata, na Coruña, os militares de quinta do cuartel de Infantería da Coruña: Antonio Barreiro Méndez, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.

A estes oito soldados acusáronos, pola denuncia dun recruta de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña), de planear o asasinato dos oficiais do seu acuartelamento.

Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barreiro Méndez, Cristóbal Feliú Lourido, Juan González Horta, Tomás Longueira Bermúdez, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz, Adolfo Ponte Rodríguez e Manuel Seoane Díaz.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha