← Volver atrás

Neira Suárez, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

A Coruña
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño da rúa Castro Mosque, 23-1º, na Coruña. Soldado pola súa quinta no Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña.

Militante de Esquerda Republicana (ER) na cidade herculina. Membro das Xuventudes Libertarias (XXLL).

Executado.

Acusárono os golpistas de participar na tentativa de sublevación no Cuartel de Infantería da Coruña en outubro do ano 1936.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sublevarse contra os seus mandos co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada na Coruña ao ser pasado polas armas.

Fusilaron no Campo da Rata, na Coruña, a media tarde e con gran expectación, os seguintes militares de quinta do cuartel de Infantería da Coruña: Antonio Barreiro Méndez, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.

A estes oito homes acusáronos, pola denuncia dun recruta de Santo Estevo de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña), de planear o asasinato dos oficiais do seu acuartelamento.

Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barreiro Méndez, Cristóbal Feliú Lourido, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Tomás Longueira Bermúdez, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz, Adolfo Ponte Rodríguez e Manuel Seoane Díaz.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha