Nacemento:
Morte:
Garda civil. Veciño da Coruña. No ano 1921 era sarxento de exército en Marrocos. En decembro de 1935 era cabo da Benemérita con destino na Coruña
Represor.
O tenente da Garda Civil Ángel Ramos Patiño, xefe da liña da Coruña, dirixiu o operativo para a captura das persoas de esquerdas, que o día 03/03/1937 tentaban escapar na coñecida como Fuga do Portiño, que organizara El Despertar Marítimo; detiveron a 27 persoas.
Neste acción tamén se viron implicados nos operativos de mando o sarxento do mesmo corpo Manuel Santos Otero, comandante de posto, e o cabo Ángel Fernández Garea. Participaron tamén militares da Batería do Monte San Pedro, que mandaba o capitán Carlos Parallé de Vicente.
Para tan sinistro cometido de represión, a Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil contou coas significadas colaboracións do xa sarxento Ángel Fernández Garea e os números da Garda Civil: Vicente Peralta López, Pedro Pellicer Nicolás, Juan García Oviedo, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro e Bárbaro Ortega Rodríguez. Todos eles se adicaron á represión e á liquidación de anarquistas, entre outras tristes funcións.
En maio de 1937 ascendérono a sarxento de Cabalería da Garda Civil e en setembro de 1940 era brigada na Comandancia da Coruña.
O día 01/07/1937 a brigada de Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o dos demais implicados.
Santos Otero tamén emitiu o informe da “Caída das Atochas”, cando era xefe dos Servizos Especiais da Benemérita; operación que dirixiu o sarxento Ángel Fernández Garea na casa da rúa Atocha Alta, 55, na Coruña e na que finaron catro membros da FAI. Ángel Fernández recibira unha delación desta reunión clandestina da man do garda municipal Manuel Uzal Montero.
Ángel Fernández xubilouse co grao de capitán.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.