← Volver atrás

Sánchez Serantes, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 19 anos. Veciño da Coruña. Aprendiz de albanel.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Encarcerado.

A varias persoas veciñas da Coruña detivéronas na operación contra a organización clandestina, que pretendía salvarlle a vida ao deputado socialista Luis Rufilanchas Salcedo e pasalo á zona republicana do Principado de Asturias.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 17/05/1937 polo delito de rebelión militar e auxilio á rebelión, na causa 291/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Os xuíces militares condenaron á pena de morte a: Argimiro Aradas Leiro, Manuel Fernández López, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Ramón Lea García, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, José Méndez Serantes, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, Domingo Rey Lago, Manuel Rúa Losada, Genaro Ruano Sanjurjo, Luis Rufilanchas Salcedo, Nicolás Veiga Núñez e Emilio Zufia Moreno; penas de cadea perpetua para: Manuel Martínez Piñó e José Santiago Temprano; 20 anos de cadea para: Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente; tamén condenaron a prisión a: Conrado Naya Rodríguez e Juan Sánchez Serantes; o tribunal absolveu a Luis Duro de la Iglesia e José Lombardía Bargos

Conmutáronlles a pena de morte pola de cadea perpetua a: Ramón Lea García, José Méndez Serantes e Emilio Zufia Moreno.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 211 do día 30/07/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha