← Volver atrás

Pérez Pazos, Emilia

Alcume: a Manchada
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 10/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 27/05/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Traballo na casa, 42 anos. Veciña da Coruña. Nai de Manuel Touriño Pérez, asasinado pola Garda Civil nun intento de fuga e desaparecido.

Non se lle coñece afiliación política ou sindical.

Encarcerada.

Enlace de militantes da CNT da Coruña.

Acusada de ocultar antifranquistas no seu domicilio da Coruña e de participar en marzo de 1937 en tentativas de evacuación de militantes na lancha motora Sisargas desde A Coruña.

A varias persoas veciñas da Coruña prendéronas na operación contra a organización clandestina, que pretendía salvarlle a vida ao deputado socialista Luis Rufilanchas Salcedo e pasalo á zona republicana do Principado de Asturias.

Xulgada en consello de guerra na Coruña o día 17/05/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 291/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Os xuíces militares condenaron á pena de morte a: Argimiro Aradas Leiro, Manuel Fernández López, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Ramón Lea García, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, José Méndez Serantes, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, Domingo Rey Lago, Manuel Rúa Losada, Genaro Ruano Sanjurjo, Luis Rufilanchas Salcedo, Nicolás Veiga Núñez e Emilio Zufia Moreno; penas de cadea perpetua para: Manuel Martínez Piñó e José Santiago Temprano; 20 anos de cadea para: Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente; tamén condenaron a prisión a: Conrado Naya Rodríguez e Juan Sánchez Serantes; o tribunal absolveu a Luis Duro de la Iglesia e José Lombardía Bargos

Conmutáronlles a pena de morte pola de cadea perpetua a: Ramón Lea García, José Méndez Serantes e Emilio Zufia Moreno.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Procesárona por responsabilidades políticas e indultárona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha