Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de Ribadeo.
Dirixente do PSOE. Tesoureiro das Xuventudes Socialistas (XXSS) no ano 1931.
Encarcerado.
Despois do levantamento militar prendérono os franquistas sen procesamento xudicial.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 24/02/1940 por orde do gobernador militar do Principado de Asturias.
Procesouno no ano 1940 o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Trasladado ao campo de concentración de Miranda de Ebro (Burgos) o día 21/04/1940 para destinalo a un batallón de traballadores.
O día 18/11/1945 ingresa por seginda vez na Prisión Provincial de Lugo, xúlgano na causa 414/45 por tenencia ilícita de armas e o 21 de decembro seguinte queda en liberdade.
Intérnano por terceira vez na cadea de Lugo o día 13/02/1946.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a seis anos de cadea.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.
Internárono na Prisión Central de Burgos e, en maio de 1949, deixárono en liberdade condicional, que se publicou no BOE do día 17/05/1949.
Co tempo pertenceu ao Comité Comarcal do PCE en Ribaeo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.