← Volver atrás

López Chas, Gerardo

Alcume: Crisol
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santo Tomé de Bemantes, Miño
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre, 22 anos. Casou con Carmen Tella Vivero; tiveron un fillo. Veciños de Ferrol (A Coruña). Irmán de Francisco López Chas, paseado.

Militante do PCE.

Encarcerado.

Juan González Martínez, Perucho, constituíu en Ferrol o Comité Comarcal da Unión Nacional Española (UNE), que dirixiu co mallorquino Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás, ex-condestable da Armada. Horacio Pozo Lozano, de Ferrol, era secretario de organización; Gerardo López Chas, secretario de propaganda; Víctor Martínez, secretario sindical e Genaro Fernández, secretario de xuventude. O seu principal labor era o de axudar aos presos.

Internárono na Prisión Provincial de Lugo o 07/01/1946.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a 20 anos de cadea. Nesta causa procesaron a 64 persoas.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha