← Volver atrás

Nieto López, Julio

Alcume: Chevol, Nardo
Perfil histórico: Guerrilleiro

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Rúa Calvario, 65, Almería
(Almería)
- 15/12/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 21/09/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Radiotelegrafista, 31 anos. Casou en 1933 coa doutora en Medicina Loreto Tapia Robson; tiveron un fillo e unha filla: Julio e Victoria. Veciños da rúa Estrada da Coruña, 8, en Lugo. Antes de 1933 desenvolveuse como garda do Corpo de Seguridade e Asalto en Huelva e en Madrid. Nese ano 1933 aprobou as oposicións de telegrafista.

Executado.

Cando comezou a contenda española a familia vivía en Madrid. Alférez en outubro de 1936 e, despois, capitán por méritos de guerra na zona republicana durante a Guerra Civil Española.

Ao remate da contenda española prendérono os golpistas.

Xulgado en varios consellos de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 1 de Madrid polo delito de auxilio á rebelión e condenado a vinte anos de cadea. Causas 56938 e 2996.

Interno na Prisión Central de Yeserías (Madrid), publicaron a súa liberdade condiciona provisoria no BOE nº 281 do día 08/10/1943.

A súa dona exercía de pediatra e puericultora en Lugo.

Xa en Lugo militou no PCE na clandestinidade e, a finais de 1944, designárono secretario xeral do Comité Provincial do PCE en Lugo, do que tamén formaban parte Emilio Golás Rodríguez, o Villa, e a mestra Enriqueta Otero Blanco, María dos Dores; tamén estaban Gaspar-Antonio Castro López, como secretario de axitación e propaganda e Pepe Pin como secretario de organización e finanzas.

Mantivo contactos co guerrilleiro antifranquista José-Luis Castro Veiga, o Piloto. Desenvolveuse como Líder na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Foxe dunha redada en 1945 e agochouse en Láncara (Lugo) .

En xaneiro de 1946 procesárono no Tribunal Militar Eventual de Lugo, na causa 414/45, polo delito de actividades políticas.

Detivérono o día 14 de febreiro de 1946, por mor dunha filtración á policía fascista, nunha emboscada en Lugo na que tamén prenderon, entre outras persoas, a Novolitos e a Enriqueta Otero. Trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o 28/02/946. Os rebeldes considerárono o máximo responsable militar que prenderan.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do 10/08/1946. Nesta causa procesaron a 64 persoas.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.

Executado na Prisión Provincial da Coruña, no garrote vil, o día 21 de setembro na compañía do tamén militante do PCE Ramón Vivero Geada, Novolitos.

Soterrárono o día 21 de setembro na sepultura anónima número 74 da parte civil do cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.