← Volver atrás

Golás Rodríguez, Emilio

Alcume: o Villa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Paradela
(Lugo)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 30/11/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 28 anos. Casado con Carmen López Alvaredo; tiñan tres fillos. Veciños de Sarria (Lugo). Garda municipal en Sarria.

Detido durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, con outros, baixo acusación de confeccionar e repartir follas subversivas de incitación á revolución.

Secretario da Agrupación Socialista Obreira (ASO) de Sarria, que se constituíu o día 01/04/1936 e que estaba vencellada ao PSOE.

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 20/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 176/36 e na causa 214/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 17/11/1936. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Sarria.

O auto condenou á pena de morte a Vicente Páramo Losada; pena de cadea perpetua para: Emilio Golás Rodríguez e Julio Páramo Sánchez. Descoñécese a sentenza de Claudio Garrido Lago.

Trasladado á Prisión Provincial da Coruña o 20/03/1937, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 187 do día 06/07/1941.

Cando quedou en liberdade militou no PCE, desenvolvendo un traballo de expansión e organización do partido en Galicia, formando parte do Comité Provincial de Lugo como responsable de axitación e propaganda.

Mantivo contactos coa guerrilla antifranquista de José-Luis Castro Veiga, o Piloto.

Membro do Comité Provincial do PCE en Lugo con Julio Nieto López, Chevol, Nardo, e con Enriqueta Otero Blanco, María das Dores, facendo tarefas de propaganda e excitación.

Despois da caída dos seus compañeiros na emboscada de Lugo do día 14/02/1946, onde prenderon a Julio Nieto, Enriqueta Otero e Ramón Vivero Geada, Novolitos. Golás escapou ao monte e actuou na guerrilla.

Ocasionalmente acudía á súa casa de Outeiro de Barán, Paradela e, nunha ocasión, o día 29/11/1946 un veciño denunciouno á Garda Civil. A forza pública rodeou a casa e, no posterior enfrontamento, a Emilio ferírono, igual que á súa cuñada e a un sobriño de tres anos; finalmente, prendérono. Levárono a Lugo, onde se rexistra a súa morte no Hospital Civil de San Xosé ao día seguinte.

A vinganza do Piloto pola morte do seu amigo foi a de queimar a casa do delator con el e a súa muller dentro.

Segundo Bernardo Máiz, morreu en San Miguel de Paradela a primeiros de xaneiro de 1947. Resultaría con feridas  e detido cando acudía como delegado dos comunistas a unha reunión con Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, que tentaba un achegamento entre a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e o Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Pola súa morte abriuse no Tribunal Militar Territorial de Lugo a causa 484/47 por resistencia ás forzas armadas e co resultado de sentenza de sobresemento das actuacións.

A raíz da caída de Emilio, a zona de Paradela estaba intensamente vixiada pola Garda Civil, o que tivo como resultado a acción na que finaría Manuel Castro Tellado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.