Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 44 anos. Casado. Veciño de Sarria. Irmán de Abelardo Páramo Losada, encarcerado. Tío do alcalde de Sarria pola Fronte Popular (FP), Antonio Páramo Sánchez, fuxido.
Un dos fundadores do xornal Loita.
Vogal da Comisión Xestora de Sarria en abril de 1931 e do Centro Republicano de Sarria no ano 1932, despois foi militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e de Esquerda Republicana (ER).
Retido por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, acusárono do reparto de follas clandestinas.
Executado.
Despois do golpe militar prendérono os fascistas preto de Monforte de Lemos (Lugo) o día 20/07/1936.
Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos o día 20/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Lugo polo delito de traizón, na causa 214/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/08/1936. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Sarria.
O auto condenou á pena de morte a Vicente Páramo Losada; pena de cadea perpetua para: Emilio Golás Rodríguez e Julio Páramo Sánchez. Descoñécese a sentenza de Claudio Garrido Lago.
Fusilárono os golpistas en Lugo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.