← Volver atrás

Pastoriza Moreira, Teresa

Alcume: A Marrota
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Santo Eleuterio de Tella, Ponteceso
(A Coruña)
- 12/09/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Taberneira, 50 anos. Viúva; tiña tres fillas. Veciña de Tella. Rexentaba unha taberna en na súa vila.

Encarcerada.

Detida o día 20/08/1947 acusada de acubillar guerrilleiros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

No xuízo admitiu que Avelino Rivas Pombo estivera xantando en maio de 1946 na súa taberna e que en setembro dese ano acubillara varios guerrilleiros, entre eles Manuel Ponte Pedreira. Tamén declaraba que outros se agochaban na casa de Encarnación Moreira Pailos. Tamén prestou apoio á guerrilla nos primeiros meses de 1947.

Xulgada en consello de guerra na Coruña o día 04/11/1948 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 400/47, co resultado de sentenza a tres anos de prisión.

O tribunal militar condenou, neste caso, á pena de morte a José Santiago Temprano; pena de cadea perpetua para Pedro Rodríguez Gómez; tres anos de prisión para Teresa Pastoriza Moreira; castigaron a 6 meses e un día a Carmen Vieito Baña. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: José Candal Bouzas, Manuel Castro Sanjurjo, Carmen Pan Rioboo e Ramón Ponte Pedreira.

Ingresada na Prisión Provincial da Coruña.

O día 18/08/1949 concedéronlle a liberdade provisoria no seu domicilio por boa conduta.

Puxérona en liberdade definitiva o 17/08/1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha