← Volver atrás

Vieito Baña, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Santa Baia de Lañas, A Baña
(A Coruña))
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 34 anos. Nai de Asunción e de Jesusa. Irmá de Erundino Vieito Baña, morto en enfrontamento.

Encarcerada.

Segundo testemuñaron algúns guerrilleiros, Carmen tivo contacto co guerrilleiro Manuel Ponte Pedreira na casa da súa veciña Valvanera Parcero Couto.

O día 14/08/1947 detiveron á nai e ás fillas e pasáronas a prisión preventiva na Coruña; ás fillas pronto as puxeron en liberdade.

Xulgada en consello de guerra na Coruña o día 04/11/1948 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 400/47, co resultado de sentenza a seis meses e un día de cadea.

O tribunal militar condenou, neste caso, á pena de morte a José Santiago Temprano; pena de cadea perpetua para Pedro Rodríguez Gómez; tres anos de prisión para Teresa Pastoriza Moreira; castigaron a 6 meses e un día a Carmen Vieito Baña. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: José Candal Bouzas, Manuel Castro Sanjurjo, Carmen Pan Rioboo e Ramón Ponte Pedreira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha