Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e labrego, 27 anos. Veciño de Lañas. O seu pai e a súa nai acaban detidos por mor da súa deserción. Irmán de Carmen Vieito Baña, encarcerada.
Vogal do Partido Galeguista (PG) na Baña desde abril de 1936, poderosa organización que lideraba Avelino Pousa Antelo. Membro da Xuntanza Cultural Barcalesa da Baña e Negreira.
Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento. Desaparecido.
Participou na requisa de armas e acudiu na defensa de Santiago de Compostela (A Coruña) fronte aos sediciosos.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza de sobresemento a cambio de alistarse como voluntario no exército rebelde.
Mobilizado en 1936 polo exército franquista, péchanlle unha causa que tiña aberta. Destinárono ao 8º Batallón de Zapadores, da Coruña, e enviárono á fronte asturiana. Deserta e pásase ás liñas republicanas, formando parte do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias e responsable dunha batería de Artillería no barrio de Colloto, Oviedo (Principado de Asturias).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 765/37 polo delito de deserción.
Detivérono os franquistas o día 10/11/1937 en Pola de Allande (Principado de Asturias) cando tentaba con outros galegos volver á súa terra; internárono nun campo de concentración en Candás.
Consegue fuxir do campo o día 04/02/1938 cando ía ser trasladado a Camposancos (Pontevedra) e regresa á súa parroquia.
Mantívose na clandestinidade desde o ano 1938; agochouse once anos e colaborou como enlace da guerrilla antifranquista.
O día 05/03/1949 quedou citado cos compoñentes do Destacamento Manolito Bello, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), en San de Mamede de Zas, Negreira (A Coruña), co obxectivo de mudar de lugar. Descubertos pola Garda Civil, fuxiron e abatéronos en Santa María de Paramos, Val do Dubra (A Coruña).
O seu corpo non apareceu.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.