← Volver atrás

Parcero Couto, Valvanera

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Santiago de Gres, Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Baia de Lañas, A Baña
(A Coruña)
- 01/01/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Taberneira, 44 anos. Casada con Manuel Guerra Vieito (+1922). Emigrada en Cuba onde coñeceu ao seu home; ao seu retorno montaron unha taberna en Lañas, de onde era Manuel. Quedou viúva aos 30 anos, sen fillos.

Encarcerada.

Denunciada por unha veciña por colaborar coa guerrilla antifranquista, pasou preto dun ano na cadea. Volveu estar en prisión outro ano na Coruña. Despois maltratárona e multárona seguido para que pechara a taberna.

Por testemuñas dos propios guerrilleiros, no ano 1946, os escapados acubillábanse na súa casa. Carmen Vieito Baña contactou cos guerrilleiros no seu domicilio.

Prendérona o día 14/08/1946 e procesárona na causa 431/46 por actividades comunistas; condenárona a un ano e medio de cadea e ingresárona na Prisión Provincial da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha