Nacemento:
Morte:
Mestra, 21 anos. Irmá de Benjamín Balboa López, exiliado; José Balboa López, fusilado polos franquistas en Cartagena (Murcia) e de Jesús Balboa López.
Encarcerada. Depurada.
Nos anos corenta residía na rúa das Hortas, 8, en Santiago de Compostela (A Coruña).
Coñeceu a Manuel Ponte Pedreira en 1945, cando a Garda Civil detivera o seu irmán Jesús. Desprazouse ata Ordes (A Coruña) a pedir recomendación para mediar polo seu irmán, dándolle Ponte Pedreira a do tenente coronel Santoda, da Caixa de Recrutas de Santiago de Compostela (A Coruña). Cando Jesús quedou en liberdade condicional, diante do temor de ser novamente detido, escapou ao monte. A partires de aí, e para axudar ao seu irmán, Carmen convértese nun importante apoio para a organización comunista do Llano durante un tempo en Santiago de Compostela; crea con Isabel Ríos Lazcano unha extensa rede de enlaces para axudar aos homes do monte e da guerrilla antifranquista.
Cando María Pérez Mellid, a muller de Foucellas, cae o día 13/03/1946, do rexistro que se lle fixo obtiveron moita información, entre ela unhas cartas de Carmen e Jesús para Ponte, que a vencellaban co PCE e coa guerrilla. A Carmen detivérona cando acudía ao cárcere de Santiago de Compostela a levarlle o almorzo a un militante comunista. Ingresou na Prisión Provincial da Coruña o 22/04/1946.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de colaboración con bandoleiros, na causa 159/46.
Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, Carmen Balboa López, Jesús Balboa López, Manuel Pena Camino, María Pérez Mellid, Manuel Ponte Pedreira e Francisco Rey Drox.
Sometérona a "hábiles" interrogatorios e tamén a requiriu a Garda Civil para escribir determinadas cartas dirixidas aos fuxidos co obxecto de que acudisen a un lugar determinado para detelos ou matalos. Carmen negouse porque cos fuxidos estaba o seu irmán.
Pasou dous anos nas prisións da Coruña e do País Vasco. O 25/11/1947 puxérona en liberdade condicional e fixou a residencia en Santiago de Compostela, onde casou en 1962 co veciño de Baio, Roberto Veloso Gómez. Exerceu de profesora en Bamiro de 1961 a 1973 e no Colexio Labarta Pose de Baio de 1973 a 1980. Na súa estancia en Baio seguramente coñeceu a Manuel Pereira Doval, concelleiro en Zas durante a II República.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.