Nacemento:
Morte:
Militar, 26 anos. Veciño de Santiago de Compostela (A Coruña). Militar da Armada. Irmán de Benjamín Balboa López, exiliado; Jesús Balboa López, encarcerado e fuxido coa guerrilla, e de Carmen Balboa López, encarcerada e depurada.
Executado.
Ingresou no servizo militar en marzo de 1936 e destinárono onde o seu irmán Benjamín, na Estación de Radio de Ciudad Lineal (Madrid). Estaba de garda o día 18 de xullo cando se producen os comunicados de Franco desde África para sumar a todos os mandos á rebelión. Benjamín fíxose coas mensaxes, saltou a cadea de mandos e comunicou a sublevación ao Goberno legal.
Co tempo a Benjamín Balboa López nomearíano subsecretario de Mariña e deulle algúns destinos importantes a José, entre outros, o de xuíz instrutor en Málaga e o de maxistrado do Tribunal Especial Popular en Murcia ata o día 20/11/1936, onde asinou varias sentenzas de morte contra mariños sublevados, pero tamén salvou a vida de moitos outros.
Detido polos franquistas en abril de 1939 cando se toma Cartagena, sometérono a consello de guerra sumarísimo que comezou o 01/05/1939. Condenárono á pena de morte por adhesión á rebelión militar e oposición aos sublevados.
Fusilado por un piquete da Infantería de Mariña ás 06:00 h do día 29 de maio no Campo de Deportes do Arsenal de Cartagena.
Semella que o soterraron nunha fosa común no cemiterio dos Remedios, en Cartagena.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.