Nacemento:
Morte:
Militar, 35 anos. Casou en México con Kadja Landau. Irmán de Carmen Balboa López, enlace da guerrilla; José Balboa López, fusilado polos franquistas en Cartagena (Murcia) e de Jesús Balboa López. Veciño de Madrid. Ingresou na Armada no ano 1916. Mariño da Armada, oficial 3º radiotelegrafista da Armada, asimilado a alférez.
Membro do PSOE e da Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA).
Masón desde 1928 da loxa Renacemento Masónico nº 18.
Exiliado. Encarcerado.
No momento do golpe tiña o destino na Estación de Radio do Ministerio da Mariña na Ciudad Lineal (Madrid), negouse a tramitar os avisos dos rebeldes que Francisco Franco Bahamonde dirixía a todos os mandos militares desde África, detivo ao xefe da base e informou da sublevación á Secretaría Política do Ministerio, quen puxo en alerta a toda a flota. De perder os republicanos os barcos, a sublevación triunfaría enseguida.
Cando os radiotelegrafistas do acoirazado Jaime I lle comunicaron as sospeitas de rebeldía da oficialidade, comunicoulles “no aguardeis más” para que a mariñeiría se fixera co control do buque.
Por estas accións o Goberno republicano designouno Subsecretario de Mariña e Aire, na curta etapa do ministerio que presidiu Francisco Matz Sánchez.
A primeiros de febreiro de 1939 escapou por Portbou (Xirona) cara Francia. Confinárono varios meses no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e logo en Marsella (Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia).
En 1941 embarcou no Serpa Pinto cara Estados Unidos, onde chegou o día 11/09/1941 e trasladouse a Veracruz (México) o día 07/10/1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.