← Volver atrás

Matz Sánchez, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Cartagena
(Murcia)
- 15/07/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 01/01/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 52 anos. Veciño de Madrid. Ingresou na Armada o día 09/07/1898. Acadou o grao de xeneral de brigada de Artillería da Armada.

Exiliado.

Cando se produce o golpe militar de xullo de 1936 era subsecretario do ministerio de Mariña, sendo ministro José Giral Pereira. Cando coñece o alcance da sublevación en Ferrol (A Coruña), cesou ao xefe da Base Naval desta cidade e nomeou como xefe interino a Antonio Azarola Gresillón, ata entón 2º xefe.

Ministro de Mariña do día 22/08/1936 ao día 04/09/1936, sucedendo no cargo a José Giral Pereira. Relevado no mesmo cargo por Indalecio Prieto Tuero.

Ao remate da guerra civil marchou a Francia, onde solicitou emigrar a México.

Exiliouse en México.

Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid e indultárono no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha