← Volver atrás

Giral Pereira, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Santiago de Cuba
(Cuba)
- 22/10/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 23/12/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Farmacéutico e político, 56 anos. Pai de Francisco Giral González, exiliado. Estudou Químicas e Farmacia na Universidade de Madrid. En 1905 era catedrático de Química Orgánica na Universidade de Salamanca.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e na "Dictablanda" de Dámaso Berenguer Fusté tivérono encarcerado en varias ocasións.

Amigo íntimo de Manuel Azaña Díaz. Ao proclamarse a II República nomeárono reitor da Universidade Central de Madrid. Deputado nas Cortes Constituíntes por Cáceres, exerceu de portavoz parlamentario de Acción Republicana (AR). En 1936 volveu ser deputado pola mesma circunscrición dentro das listaxes de Esquerda Republicana (ER).

En outubro de 1931 era ministro de Mariña nun goberno de Azaña, cargo que desenvolveu ata xulio de 1933. En febreiro de 1936 volveu estar a cargo desta carteira noutro gabinete de Azaña e que mantería nos sucesivos gabinetes de Augusto Barcia Trelles e de Santiago Casares Quiroga.

Sancionado. Depurado. Exiliado.

A grave crise que provocou o golpe de Estado e a incapacidade de Casares Quiroga para facerlle fronte provocaría a dimisión do Goberno o día 18/07/1936. Despois dun curto Goberno do centrista Diego Martínez Barrio e despois de que Mariano Ruiz-Funes García rexeitara formar gabinete, o día 19 Azaña nomeou a Giral presidente do Consello de Ministros, deixando o cargo de ministro da Mariña, que viña ocupando, nas mans do xeneral de brigada de Artillería da Armada, Francisco Matz Sánchez. Cando asumiu a presidencia do Goberno xa se perderan Marrocos, Canarias, Baleares (agás Menorca), Castela a Vella, Navarra, e boa parte de Aragón e de Andalucía.

O seu ministro de Gobernación, Sebastián Pozas Perea, autorizou a entrega de armas ao pobo o que permitiu esmagar a rebelión en algunhas cidades (Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga ou Bilbao) e varias rexións; a consecuencia sería unha guerra civil. A entrega de armas tivo outros resultados, como a perda de control das masas e as milicias. No momento que Giral coñeceu os asasinatos do cárcere Modelo despois do asalto dos milicianos, non puido máis que chorar. Esta desorganización provocou que non se fixese unha fronte ordenada diante do avance franquista.

Os receos sobre o estamento militar do presidente do Goberno de José Giral, conducírono ao desmantelamento do Exército; esta situación muda en agosto e reactívase a reorganización para facer fronte ás tropas rebeldes, que avanzan por Estremadura cara Madrid.

Logo da perda de Talavera de la Reina (Toledo), que era a chave de Madrid, Giral presenta a dimisión o día 04/09/1936 e substituíuno o socialista Francisco Largo Caballero; el mantívose como ministro sen carteira. En maio de 1937, no novo Goberno de Juan Negrín López, acadou a carteira de Estado. Viaxou con Negrín a Francia para acadar do executivo francés que puxera fin á política de non intervención, pero fracasaron.

Logo da derrota dos republicanos en Aragón cruzou a fronteira cara Francia con Azaña e Martínez Barrio.

Despois da guerra civil sancionárono cunha multa de 65 millóns de pesetas e depurárono do seu posto de catedrático.

Estivo no exilio en Francia e logo en México; formou parte do Goberno no exilio baixo a presidencia republicana de Diego Martínez Barrio e no que tamén o acompañou Fernando de los Ríos Urruti.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.