Nacemento:
Morte:
Estucador, obreiro da construción, político e sindicalista, 66 anos.
Discípulo de Pablo Iglesias Posse (+1925), foi concelleiro de Madrid en 1905. En 1907 nomeárono presidente da Agrupación Socialista (AS) de Madrid, cargo que mantivo ata 1919. Vicepresidente da UXT en 1908. Deputado pola Alianza de Esquerdas en 1918. Secretario xeral da UXT e vogal do órgano de dirección do PSOE en 1918. Partidario da unidade de acción coa CNT. En 1919 era membro do consello de administración da Organización Internacional do Traballo (OIT).
Despois da Revolución de outubro de 1917 en Rusia o debate sobre a incorporación á "Terceira Internacional" provoca a escisión dos socialistas en abril de 1921 coa desagregación do Partido Comunista Obreiro Español (PCOE) e tamén a escisión das Xuventudes Socialistas (XXSS), que darían lugar a formación do PCE.
Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja optou polo colaboracionismo, na liña de Julián Besteiro Fernández, para que o PSOE puidera participar nos asuntos que tiñan que ver coa "cuestión social" polo que o designaron membro do Consello de Estado. Esto provocou unha ruptura no partido xa que Indalecio Prieto Tuero manifestaba que esta colaboración era un grave erro. Diante da falta de apoios á súa postura, Indalecio Prieto dimite do seu cargo da Comisión Executiva o día 25/10/1924.
Á morte de Pablo Iglesias o día 09/12/1925, accede á presidencia do PSOE e da UXT Julián Besteiro, da súa mesma liña. A ruptura coa ditadura prodúcese no verán de 1929.
Coa proclamación da II República o día 14/04/1931, dirixiu o Ministerio de Traballo no Goberno provisorio que presidiu Manuel Azaña Díaz. Despois da ruptura da coalición republicano-socialista de setembro de 1933, avogou polo abandona da "vía parlamentaria" e defendeu a "vía revolucionaria" na contra dos moderados Indalecio Prieto e Julián Besteiro, posición que se acentúa despois da derrota electoral de novembro de 1933.
Despois da entrada de tres ministros da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) no Goberno de Alejandro Lerroux García en outubro de 1934, cumpriu a súa ameaza e provocou a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, folga que só se consolidou no Principado de Asturias. Como líder desta revolta, prendérono e encarcerárono o día 14/10/1934 no cárcere Modelo de Madrid. O xuízo oral comezou o día 25/11/1935 e rematou co resultado de sentenza de absolución do día 30/11/1935 por falta de probas. Na súa ausencia da cámara foi Juan Negrín López o portavoz do grupo parlamentario.
Partidario das alianzas sindicais, avogou por un pacto co PCE e a CNT o que deu lugar a un novo enfrontamento con Indalecio Prieto. Esta posición tan radical valeulle o sobrenome de "El Lenin español". Nas eleccións de febreiro de 1936 fixo campaña a favor da Fronte Popular (FP). No mes de marzo os falanxistas metrallaron a súa casa.
No mes de abril, despois do triunfo da FP, apoia a Santiago Casares Quiroga para a presidencia do Goberno e en contra da candidatura de Indalecio Prieto Tuero. Cando ao estalar a guerra dimite Casares Quiroga, Largo Caballero opúxose a que Azaña nomeara presidente do Consello de Ministros a Miguel Maura Gamazo. Azaña nomeou presidente a Diego Martínez Barrio, quen só se mantivo no cargo unhas horas, e despois propuxo a José Giral Pereira.
Exiliado. Encarcerado.
Ao estourar a Guerra Civil Española trata de manter a unidade entre PSOE, PCE e POUM. O día 04/09/1936 e despois da dimisión de José Giral Pereira, asume a presidencia do executivo, onde conserva a carteira de ministro da Guerra, integrando as milicias socialistas, comunistas e anarquistas nas brigadas mixtas.
Neste gabinete José Giral foi ministro sen carteira. O Ministerio de Gobernación estivo nas mans de Ángel Galarza Gago. Largo Caballero permitiu a execución de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, outra vez contra o pensar de Indalecio Prieto. Esta acción provocou a dimisión do ministro de Xustiza, Mariano Ruiz-Funes García.
A súa oposición as demandas do PCE, a caída de Málaga, o éxito dos alzados en Biscaia e as xornadas de maio de 1937 en Barcelona cun enfrontamento entre o Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) e o POUM e a CNT, aos que Largo Caballero se opuxo a ilegalizar, forzaron á súa dimisión en maio de 1937 e ao nomeamento de Juan Negrín López, quen contaba co apoio de Indalecio Prieto, o PCE e os republicanos de esquerdas.
Pouco antes da entrada dos franquistas en Barcelona, o día 29/01/1939 pasou coa súa familia a París. Alí pasou 15 meses afastado da actividade política e non tomou parte no debate socialista entre Juan Negrín e Indalecio Prieto.
O día 11/05/1940, dous días antes de que os alemáns tomaran París, pasou a Albi (Occitania, Francia), onde o prenderon e confinaron nunha residencia vixiada. Desde o exilio, a súa filla Concha Largo, a embaixada de México en París e os exiliados republicanos, que dirixía Indalecio Prieto, trataron de conseguir que lle concederan o exilio en México, pero denegáronllo.
O día 20/02/1943, con 72 anos, arrestouno a Gestapo (policía secreta nazi). Pasou cinco meses en París e, logo, enviárono a Berlín (Alemaña) en xullo. O día 31/07/1943 ingrésano no campo de concentración de Sachsenhausen (Frankfurt, Alemaña) e confinárono, pola súa idade, na enfermería.
Neste campo estivo case que dous anos, ata que o día 24/04/1945 unha unidade polaca do Exército Rojo liberou o campo.
O día 15/09/1945 regresa a París. Agora era partidario, con Indalecio Prieto, de defender que en España puidese haber unhas eleccións democráticas xa que os países aliados non tomaban partido contra Franco. Atopábase nesta situación cando, a finais de xaneiro de 1946, enfermou de gravidade e faleceu o dia 23 de marzo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.