← Volver atrás

Maura Gamazo, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Madrid
- 13/12/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Zaragoza
- 03/06/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e político, 48 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Veciños de Madrid. Fillo de Antonio Maura Montaner (+1925), quen fora presidente do goberno en cinco ocasións. Estudou a carreira de Dereito en Madrid e traballou no despacho do seu pai.

En 1916 era deputado por Alacante e concelleiro de Madrid polo partido do seu pai. Era monárquico e conservador, pero despois da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, evolucionou cara un republicanismo moderado e conservador; participou no Pacto de San Sebastián para a implantación da II República e en representación da dereita moderada con Niceto Alcalá-Zamora Torres.

En 1931 elixírono concelleiro de Madrid pola conxunción republicano-socialista.

Pertenceu, co ex-líder liberal Niceto Alcalá-Zamora Torres, ao partido Dereita Liberal Republicana (DLR), un dos grupos asinantes do Pacto de San Sebastián o día 17/08/1930. Por desavinzas con Alcalá-Zamora, creou o Partido Republicano Conservador (PRC) e dirixiu o Ministerio de Gobernación durante o Goberno provisorio (abril-outubro de 1931). Por mor do carácter laicista da Constitución Republicana de 1931, dimitiu do seu cargo. Cando Manuel Azaña Díaz formou Goberno en outubro de 1931, non quixo manterse nel a pesares da solicitude do propio Azaña e de moitos dos seus ministros.

Nas eleccións de novembro de 1933 o seu partido só acadou 17 escanos diante da irrupción da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). No "Bienio radical-cedista" tentou participar para reducir o clima de crispación, cousa que estivo a piques de conseguir cando en novembro de 1935 o presidente da República Alcalá-Zamora lle encargou formar Goberno; non obtivo os apoios das dereitas cando se propuxo amnistiar ao detidos pola folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Cando se produce o alzamento Manuel Azaña, recente presidente da República, ofreceulle a presidencia do gabinete despois da dimisión de Santiago Casares Quiroga, pero a forte oposición de Francisco Largo Caballero, quen ameazou con outra folga xeral, dou ao traste ca proposta maurista de instaurar unha Ditadura Nacional Republicana.

Azaña inclinouse entón por Diego Martínez Barrio, que aceptou e foi presidente durante só unhas horas, xa que dimitiu cando non conseguiu convencer ao xeneral Emilio Mola Vidal para que se rendese. Sucedeuno José Giral Pereira.

Exiliado.

Sabedor de que as milicias anarquistas queríano asasinar, o ministro de Mariña e Aire Indalecio Prieto Tuero procuroulle un avión que o levou coa súa muller e os cinco fillos a Toulouse (Occitania, Francia).

Desde o exilio colaborou para o regreso da democracia a España e apoiou os "Trece puntos" do presidente Juan Negrín López para acabar coa guerra.

A invasión alemá de Francia e as evasivas dos aliados para liberar España da ditadura franquista, acabaron por impedir o alcance dese obxectivo.

Regresou en 1953 a España, o Réxime non lle permitiu vivir en Madrid e residiu en Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.