← Volver atrás

Martínez Barrio, Diego

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Sevilla
- 25/11/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)
- 01/01/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 53 anos.

En 1910 era concelleiro en Sevilla. Presidente do Partido Republicano Radical (PRR) en Sevilla, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja liderou a oposición en Sevilla.

Cando se proclama a II República achábase en Francia e volveu con Indalecio Prieto Tuero e outros republicanos. Nomeárono ministro de Comunicacións no Goberno provisorio de Manuel Azaña Díaz.

Presidente do executivo a finais de 1933. Home moderado, permitiu a fundación de Falanxe Española (FE) o día 29/10/1933. Neste gabinete dirixiu o Ministerio de Gobernación Manuel Rico-Avello García de Lañón, que se fixo cargo de desenvolver as eleccións de novembro de 1933, ocupando a carteira desde o día 08/10/1933 ata o día 16/12/1933.

De 1931 a maio de 1934 foi Gran Mestre da loxa Gran Oriente Español (GOE), cargo desde o que tentou separar á GOE de toda actividade política, razón pola que tivo que abandonar este cargo.

Ministro da Gobernación con Alejandro Lerroux García, pero abandonou este Goberno pola política de pactos coa Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) de José-María Gil-Robles Quiñones e fundou o seu propio partido, o Partido Radical Demócrata (PRD), que máis tarde se integrou na Unión Republicana (UR).

Aliñado a UR dentro da Fronte Popular (FP), elixírono deputado por Madrid nas eleccións do día 16/02/1936 e designárono presidente das Cortes, recibindo o día 17/07/1936 á comisión que presentaba o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Coa destitución de Niceto Alcalá-Zamora Torres acadou a presidencia da República do día 07/04/1936 ata o día 10/05/1936.

Exiliado.

Cando Santiago Casares Quiroga presentou a súa dimisión o día 18/07/1936, Manuel Azaña ofreceulle a presidencia do Goberno na noite do 18 ao 19 de xullo. Tentou parar o golpe militar e conseguiu que algúns militares, amigos persoais, recapacitasen, pero o xeneral Emilio Mola Vidal negouse a calquera tipo de achegamento. Neste breve Goberno, Augusto Barcia Trelles ocupou a carteira de Gobernación e José Miaja Menant o ministerio de Guerra.

O día 20 de xullo presentou a súa dimisión ao comprender que a guerra xa era inevitable e substituíuno José Giral Pereira.

Tras da caída de Cataluña, marchou a Francia con Manuel Azaña e Santiago Casares; alí solicitou emigrar a México, pasou por Cuba en maio de 1939 e, ao pouco, chegou a México. Cando rematou a Segunda Guerra Mundial, en 1945, retornou a París e designárono presidente da República no exilio, cargo que ocupou ata a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.