Nacemento:
Morte:
Avogado, escritor, xornalista e político, 55 anos. Veciño de Madrid. Doutor en Dereito e avogado.
Deputado por Almería nas listaxes do Partido Reformista (PR) nas eleccións de 1916,1918, 1919, 1920 e 1923. Diante da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja retirouse da vida política activa e adicouse á avogacía.
Fundou a revista La Joven España e colaborou cos xornais El Correo, El Liberal, La Libertad... e foi correspondente de xornais estranxeiros.
Coa proclamación de II República volveu á política. Non obtivo escano nas Cortes Constituíntes de 1931 pero o novo Goberno designouno representante diante da Sociedade de Nacións, en Xenebra (Suíza).
En 1933 afiliouse ao partido Acción Republicana (AR) de Manuel Azaña Díaz. A pesares da desfeita de AR nas eleccións de novembro de 1933, Barcia Trelles obtivo escano. Os malos resultados electorais dan lugar a formación de Esquerda Republicana (ER) con republicanos galegos e radical-socialistas independentes (PRRSI).
Nas eleccións de 1936 intégrase na Fronte Popular (FP), candidato por Almería, obtén acta de deputado. Ministro de Estado no gabinete de Azaña. Dos días 11 ao 13 de maio de 1936 asumiu a presidencia do Goberno, cando designaron a Azaña presidente da República e mantivo como ministro de Guerra a Carlos Masquelet Lacaci. Sucedeuno inmediatamente Santiago Casares Quiroga e Barcia mantivo a carteira de Estado.
Masón, gran mestre en 1921 del Grande Oriente Español; renunciou á masonería no ano 1933.
Sancionado. Exiliado.
Despois do golpe de Estado asumiu a carteira de Gobernación no breve Goberno de Diego Martínez Barrio. Ocupou a mesma carteira no Goberno de José Giral Pereira, cesando con Giral en setembro de 1936. Nomeárono embaixador de España en Uruguai, pero non asumiu o cargo pola rotura de relacións entre os dous países. Tamén exerceu este cargo diplomático na Unión Soviética.
Condenado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo a 30 anos de prisión e inhabilitación absoluta e polo Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas a unha multa de 25 millóns de pesetas e confiscación de todos os seus bens.
Cando veu que a guerra civil se perdía, abandonou Europa e trasladouse a Bos Aires, sendo ministro de Facenda en agosto de 1945 do Goberno no exilio que presidía José Giral Pereira; desenvolveu este cargo ata agosto de 1947.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.