← Volver atrás

Masquelet Lacaci, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 14/07/1871 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

La Junquera
(Xirona)
- 01/01/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 65 anos. Casou con Herminia Sisto. Ingresou na Academia Xeral Militar de Toledo en 1886 e, despois, na Academia de Enxeñeiros de Guadalaxara; en xullo de 1889 rematou co grao de 1º tenente de Enxeñeiros. Veterano da Guerra de Marrocos. Autor do proxecto e director da construción da nova Base Naval de Ferrol na década de 1920. Xeneral de brigada en 1930 do Corpo de Enxeñeiros.

Republicano liberal.

Ao proclamarse a II República, o presidente do Goberno Manuel Azaña Díaz nomeouno en 1931 xefe do Estado Maior Central do Exército; posto no que o relevou cando a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 o xeneral Francisco Franco Bahamonde. Ministro de Guerra do día 03/04/1935 ao día 06/05/1935, nun executivo de Alejandro Lerroux García. En agosto de 1935 enviárono como comandante militar de Baleares.

Pertencía a unha loxa masónica.

Coa vitoria da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 volveu ocupar a carteira de Guerra nos gobernos sucesivos de Manuel Azaña e de Augusto Barcia Trelles, entre o día 19/02/1936 e o día 13/05/1936.

Exiliado.

Cando se produce o golpe dos rebeldes mantívose leal á República, momento no que era xefe do Cuarto Militar do presidente da República en Madrid. Tivo unha destacada actuación na planificación das estruturas fortificadas para a defensa da capital, traballo que tamén desenvolveu nas campañas do Ebro e de Cataluña. En xullo de 1937 pasou á situación de reserva, pero en decembro nomeárono membro da Comisión de Fortificacións.

Ao rematar a guerra civil exiliouse en Francia.

Regresou máis tarde a España, onde se rexistra a súa morte no máis completo esquecemento.

Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha