Nacemento:
Morte:
Diplomático, xurista, catedrático e político, 56 anos. Licenciado en Dereito en 1901 pola Universidade de Madrid. En 1911 era catedrático na Universidade de Granada, onde trabou amizade con Federico García Lorca (Fuente Vaqueros, Granada), do que foi profesor.
Membro da masonería.
No ano 1919 afiliouse ao PSOE e obtivo acta de deputado por Granada. No ano 1920 era membro do Comité Executivo do seu partido e, logo dunha entrevista con Vladimir Lenin, opúxose ao ingreso do PSOE na Terceira Internacional, o que provocaría a escisión dun pequeno sector do partido, que fundaría o PCE. No ano 1923 tamén o elexirían deputado.
Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, con Indalecio Prieto Tuero, opúxose a actitude colaboracionista que defendía o presidente do PSOE e da UXT, Julián Besteiro Fernández. No ano 1925 procesárono por desacato.
Representante en 1927 e 1929 da Gran Loxa Rexional do Mediodía.
Pasou preto dun ano en Nova York e, en agosto de 1930, participou no Pacto de San Sebastián dos republicanos, que desembocou na fracasada Sublevación de Jaca e que pretendía a instauración da República. A Ríos Urruti encarcerárono por mor destes feitos e liberárono pouco antes da proclamación da II República.
Ministro de Xustiza no Goberno provisorio que presidiu Niceto Alcalá-Zamora Torres, do día 14/04/1931 ao día 14/10/1931. Continuou nesta carteira no primeiro executivo do "Bienio reformista", ata o día 16/12/1931, que presidiu Manuel Azaña Díaz. Logo da aprobación da Constitución o día 09/12/1931, volve ser ministro, agora de Instrución Pública e Belas Artes, ata o día 12/06/1933, noutro Goberno de Azaña. De seguido desenvolveu a carteira de Estado ata a dimisión de Manuel Azaña o día 12/09/1933, que deu paso ao executivo presidido por Alejandro Lerroux García.
Deputado por Granada nas eleccións de 1933 e nas de febreiro de 1936, propugnou unha alianza defensiva con Francia e Inglaterra para facer fronte aos nazis alemáns e aos fascistas de Italia. Sufriu unha dura campaña te tipo antisemita por parte das dereitas. Tamén defendeu na tribuna das Cortes a separación do Estado e a Igrexa.
Exiliado.
Cando se produce o alzamento militar achábase en Xenebra (Suíza), de onde pasou a Francia para reorganizar a embaixada española neste país, da que se fixo cargo un tempo. Nomeárono embaixador nos Estados Unidos e alí permaneceu ata o fin da guerra civil; fixou deste país a súa residencia ata o seu pasamento. Exerceu de profesor en Nova York.
Entre 1945 e 1946 formou parte do Goberno no exilio que presidía José Giral Pereira, como ministro de Estado, cargo ao que renunciou polo seu delicado estado de saúde.
Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid e no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.