Nacemento:
Morte:
Político. Veciño de Zas.
Concelleiro de Zas nas eleccións municipais de 1936 por Unión Republicana (UR). Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Zas de 1936, entre outras persoas, a: Jorge Varela Rial (alcalde), encarcerado; José Ferreiro Pardiñas, encarcerado.
Nunha sesión do día 23/06/1936 levantouse acta para cesar ao secretario Emilio Osende Botana (+1956), por faltas moi graves, como desaparición de documentos, falta de depósitos non ingresados e desaparecidos, non abrir libros de contabilidade e sorprender a boa fe do alcalde coa sinatura de documentos que non correspondían. De aquí derivaron as vinganzas posteriores que se produciron neste concello.
Encarcerado.
A Pereira Doval encarcerárono nos primeiros tempos despois da sublevación sediciosa e, logo de saír do cárcere, comezou a traballar como enlace da guerrilla sen que a Garda Civil ou as autoridades franquistas detectasen a súa actividade clandestina. Esta colaboración, polo de máis, foi moi intensa e importante.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña con outros 68 veciños, o día 12/12/1947, na causa 200/47 e polo delito de “auxilio a malhechores”.
Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.
Na súa estadía en Santa María de Baio, Zas, Carmen Balboa López seguramente coñeceu a Manuel Pereira.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.