← Volver atrás

Varela Rial, Jorge

Alcume: Jorge da Andragalla
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Andragalla, Santa María de Lamas, Zas
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego e político, 35 anos. Veciño da Andragalla.

Militante de Esquerda Republicana (ER). Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) elixírono concelleiro e nomeado alcalde o día 08/06/1936. Desenvolvía este cargo en substitución de Manuel Romero Blanco, madeireiro de Santa María de Baio, Zas,e que desenvolvera o cargo de febreiro a xuño. Jorge desenvolvía a alcaldía cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Zas de 1936, entre outras persoas, a: José Ferreiro Pardiñas, encarcerado; Manuel Pereira Doval, encarcerado.

Nunha sesión do día 23/06/1936 levantouse acta para cesar ao secretario, Emilio Osende Botana, por faltas moi graves, como desaparición de documentos, falta de depósitos non ingresados e desaparecidos, non abrir libros de contabilidade e sorprender a boa fe do alcalde coa sinatura de documentos que non correspondían. De aquí derivaron as vinganzas posteriores que se produciron neste concello.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 19/12/1936 polo delito de rebelión, na causa 572/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

No mesmo xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: Luis Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Ferreiro Pardiñas, José Rodríguez Gómez e Jorge Varela Rial; Castigaron coa cadea perpetua a Manuel Díaz Martínez e ditouse auto de sobresemento para Julio Froján Eiras.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

En xaneiro de 1938 xulgárono na Audiencia Provincial da Coruña, con José Ferreiro Pardiñas, depositario municipal, acusados de apropiarse de 9.978,15 pesetas dos fondos municipais.

Segundo o libro do cóengo Silva Ferreiro, Jorge Varela, o concelleiro José Ferreiro Pardiñas e o presidente de Esquerda Republicana (ER) de Zas, Manuel Costa García, formaron o triunvirato da revolución marxista en Zas.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, deixárono en liberdade condicional o día 22/05/1943, que se publicou no BOE nº 155 do 04/06/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.