← Volver atrás

Cereijo Mosquera, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornalista, funcionario e político, 27 anos. Casou con Teresa Bedía Benzano. Veciños de Zas (A Coruña). Fillo de Juana Mosquera Pita e de Luis Cereijo León, mestre e xornalista. Oficial 1º do Concello de Zas no ano 1936.

Correspondente do Faro de Vigo en Sada en 1929. En 1933 promoveu co seu pai, en Sada, a edición da revista semanal Galicia.

Militante e dirixente do Partido Galeguista (PG) en Ferrol. Participou nos mitins de propaganda do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Sofre un atentado en Zas en xuño de 1936, cando tentaron prenderlle lume á casa de José Barreiro Espasandín, onde se aloxaba como hóspede.

Encarcerado. Depurado.

Detido polos rebeldes en setembro de 1936 e internado na prisión de Santiago de Compostela (A Coruña).

Xulgado o día 19/12/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 572/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Na mesma causa procesaron e condenaron á pena de morte a: Luis Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Ferreiro Pardiñas, José Rodríguez Gómez e Jorge Varela Rial; Castigaron coa cadea perpetua a Manuel Díaz Martínez e ditouse auto de sobresemento para Julio Froján Eiras.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 155 do día 04/06/1943.

Depurado do seu posto de oficial municipal e rehabilitado no ano 1985 e indemnizado con case que dez millóns de pesetas.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha