Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 57 anos. Veciño de Zas.
Militante de Esquerda Republicana (ER) en Zas. Elixido concelleiro e 1º tenente de alcalde de Zas nas eleccións municipais de 1936 por ER. Depositario do concello. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Zas de 1936, entre outras persoas, a: Jorge Varela Rial (alcalde), encarcerado; Manuel Pereira Doval, encarcerado.
Nunha sesión do día 23/06/1936 levantouse acta para cesar ao secretario, Emilio Osende Botana, por faltas moi graves como a desaparición de documentos, falta de depósitos non ingresados e desaparecidos, non abrir libros de contabilidade e sorprender a boa fe do alcalde coa sinatura de documentos que non correspondían. De aquí derivaron as vinganzas posteriores que se produciron no concello.
Encarcerado.
Por medo as represalias franquistas, José fíxolle unha venda ficticia dos seus bens a un cuñado que era das dereitas; nun pacto entre cabaleiros acordouse en documento privado que, coa volta á normalidade, todo volvería ao vendedor. Vinte anos despois José reclamou o cumprimento do acordado, chegou aos tribunais, pero perdeuno todo.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 572/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
No mesmo xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: Luis Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Ferreiro Pardiñas, José Rodríguez Gómez e Jorge Varela Rial; castigaron coa cadea perpetua a Manuel Díaz Martínez e ditouse auto de sobresemento para Julio Froján Eiras.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Coincidiu na mesma cela do cárcere con Camilo Díaz Baliño.
En xaneiro de 1938 xulgárono na Audiencia Provincial da Coruña como depositario do Concello de Zas, con Jorge Varela Rial (o alcalde), acusados de apropiarse de 9.978,15 pesetas dos fondos municipais.
Segundo o libro do cóengo Silva Ferreiro, Jorge Varela Rial, Jorge de Andragalla, alcalde; o concelleiro José Ferreiro Pardiñas e o presidente de ER de Zas, Manuel Costa García, formaron o triunvirato da revolución marxista en Zas.
Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 203 do día 22/07/1943.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.