Nacemento:
Morte:
Escritor, pintor, debuxante, escenógrafo, 47 anos. En 1912 casou con Antonia Pardo Méndez, que morreu de cancro no ano 1938, e coa que tivo dúas fillas e un fillo: María del Milagro-Antonia, Mercedes e Isaac Díaz Pardo. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou no colexio Dequidt de Ferrol, onde foi compañeiro de aulas de Francisco Franco Bahamonde, e logo na Escola de Artes e Oficios da Coruña. No ano 1907 trasladouse a Madrid, traballando de escenógrafo e contratado no Ministerio de Gracia e Xustiza. Viaxou a varios países europeos.
En 1920 trasladouse a Santiago de Compostela, onde montou o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924), coa que se trasladou a Madrid por dous anos (1922-1924) e coa que comezara na Coruña no 1916. No ano 1925 ingresou como delineante interino no Concello de Santiago de Compostela, praza que logo obtivo en propiedade en 1927; xa fora delineante interino no Concello da Coruña no 1910. Traballa como profesor de Debuxo Artístico na Academia Xelmírez.
Inicialmente católico e tradicionalista. Membro das Irmandadas de Fala nas que ingresa coa súa dona en 1918, do Seminario de Estudos Galegos (SEG) desde 1926.
En 1931 era afiliado do Partido Galeguista (PG), na súa ala esquerdista e defensor da Fronte Popular (FP) no ano 1936.
Pertenceu á masonería, que perseguira o seu irmán Gonzalo Díaz Baliño, membro da milicia Caballeros de La Coruña e da Brigada de Investigación e Vixilancia.
Encarcerado. Paseado.
Detido polos fascistas con Sixto Aguirre Garín en Dodro (A Coruña) a finais do mes de xullo, ingresáronos nos baixos do Pazo de Raxoi, no cárcere da Falcona, en Santiago de Compostela, onde debuxou aos 26 compañeiros do cárcere, o seu derradeiro traballo. Entre os debuxados estaba José Ferreiro Pardiñas, de Zas (A Coruña).
Sen que o someteran a xuízo, trasladárono ao cárcere de Arzúa (A Coruña). Despois de permanecer tres horas no cárcere de Arzúa, tres falanxistas (o Solla, o Xerpe e o Baluxa) asasinárono en Palas de Rei e o seu cadáver apareceu co de Sixto Aguirre Garín na beirarrúa da estrada de Saa.
Morte rexistrada en Saa a causa de disparos.
No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.