← Volver atrás

Pazos Mesías, Jesús-Domingo

Alcume: o Moreno
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Baña
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vimianzo
(A Coruña)
- 08/11/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 25 anos. Veciño de Santa Baia de Lañas, A Baña. Sobriño de Ramón Pazos Liñares, o Azaña, executado polos franquistas o día 11/10/1937.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Prendérono despois do golpe militar sedicioso.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña), o día 30/03/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión. Xulgárono con outros 31 veciños do Partido Xudicial de Negreira (A Coruña).

Os franquistas abríronlle un expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.

Despois de saír da cadea integrouse no Destacamento Manuel del Río Botana da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba Manuel Ponte Pedreira, Manolo Ponte.

Participou o día 08/11/1946 no asalto da guerrilla antifranquista ao cuartel da Garda Civil en Vimianzo, co obxecto de facerse co arsenal de armas; tamén tiñan idea de roubar a sucursal do Banco Pastor. Nesta acción acompañárono Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Enrique Ferreirós Candamo, José Santiago Temprano, José Remuiñán Barreiro, José Dasilva Bartomeu, Manuel Pena Camino, Flores, e Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio. Pazos Mesías tivo un enfrontamento no Bar Casa Mira (actual O Castillo) e morreu, igual que o número da Garda Civil Manuel Rodríguez Paz.

En novembro de 1946 morre en Vimianzo nun enfrontamento coa Garda Civil. Practicóuselle a autopsia o día 9 no cemiterio, actuando o médico municipal de Vimianzo Braulio Astray Vidal e o forense de Corcubión.

O médico Braulio Astray obrigou a que o soterraran dentro dunha caixa, non coma un can.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha