← Volver atrás

Sánchez Vázquez, Pilar

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

O Castro, Santa María de Fisteus, Curtis
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co fuxido e guerrilleiro antifranquista Manuel Pena Camino, Flores, quen morreu o día 05/03/1949 en Santa María de Paramos, Val do Dubra (A Coruña) nun enfrontamento coas forzas represoras. Tiñan dous fillos: Constantino e Ermitas. Veciños do Castro.

Encarcerada. Exiliada.

Logo de que prenderan ao seu home no ano 1936, marchou a servir a Santiago de Compostela para estar preto del, deixou aos seus fillos coa familia no Castro. Seguindo de novo a estela do seu home, traballou de cociñeira e coidando os nenos da familia propietaria da carnicería La Santiaguesa, na Praza de España, na Coruña.

Cando Manuel sae da cadea en 1940 instaláronse nunha casa no Campo de Artillería, na cidade herculina. O seu home vendía queixos e ovos nas feiras; perseguido pola Garda Civil remata por fuxir ao monte. Pilar e Manuel comezaron a verse ás agochadas en Curtis, en Betanzos, no monte...

A Pilar prendérona no ano 1946 ao descubrirse que mantiña contacto co seu home despois da información que deran Carmen Balboa López e Isabel Ríos Lazcano.

Internárona na Prisión Provincial da Coruña.

A súa causa rematou sobresida.

Desterrárona a Tordesillas (Valladolid), outra vez lonxe das fillas; alí traballou de criada.

Ao seu home asasinárono no ano 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha