Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 26 anos. Veciño da Coruña. Engraxador no barco José Linares, que co Generoso, eran dous bous de parella coñecidos como os de Miguelín.
Membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña, da CNT.
Fuxido.
Vicente era o contacto nestes barcos da tentativa de Fuga do Portiño nos dous barcos parella que se pretendía secuestrar para organizar a fuga duns 100 esquerdistas da Coruña (as fontes falan entre 80 e 115). O día 03/03/1937, pola mañá, deixou entrar nos barcos tres militantes de esquerdas, aos que agochou no interior dos dous barcos; a misión era facerse, con outras persoas, co control dos barcos e ir ao Portiño a recoller aos que tentaban a fuxida.
As investigacións posteriores ao intento do Portiño levaron ás forzas policiais á súa casa na Ronda de Nelle, onde con José Doldán Don fixeron fronte aos represores, fixéronse fortes no faiado e conseguiron fuxir polos tellados.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.