← Volver atrás

Sánchez Pérez, Pilar

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co chofer e guerrilleiro antifranquista Pedro Calvete Brea. Veciños da Coruña.

O seu home era militante da CNT.

Vítima colateral.

Durante a guerra civil Pedro combateu no exército golpista e acadou o grao de sarxento provisorio; ao remate da contenda montou un café-bar, unha panadería e, logo, un bar que lle pecharon os franquistas en 1943 por reunións clandestinas. O día 09/06/1946 Pedro Calvete marchou ao monte e incorporouse ao Destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); consegue fuxir do cerco de Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga (A Coruña).

O seu home marchou cara Noia (A Coruña) e traballou nunha mina de estaño e nunha panadería; presentouse ás autoridades franquistas o día 09/01/1948, xulgárono en consello de guerra na Coruña o día 11/05/1948 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 55/48, co resultado de sentenza a cadea perpetua; pasou polas cadeas de El Dueso e Santander e puxérono en liberdade condicional o día 10/01/1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha