Nacemento:
Morte:
Labrego, 24 anos.https://represion.memoriadacoruna.gal/persoa/salgado-riveiro-juan/
Encarcerado. Exiliado.
Desertou do exército franquista na guerra civil.
Estivo interno no Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), case que dous anos por mor dunha pelexa no ano 1935; logrou escapar.
Escapou ao monte en 1937, creou un grupo guerrilleiro na Raia Seca galaico-portuguesa a comezos de 1945, polas zonas de Verín e Chaves, onde tiña como lugartenente a Juan Salgado Riveiro, tamén labrego e de Casas dos Montes, Oímbra. Tamén estivo con el Jesús Girón Bazán (irmán de Manuel Girón) e moitos portugueses.
No ano 1946 integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) da man de Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas.
Abríuselle un expediente de responsabilidades políticas.
Acúsaselle de que o día 09/12/1946 dirixiu o asalto ao autobús de liña da empresa Perille, que facía a ruta Ourense-Verín, nas Estibadas, na chamada curva de Atás. Existen opinións de que o ataque foi obra de tropas represoras e que se acusou dos feitos as guerrillas antifranquistas.
Refuxiado en Cambedo da Raia, Chaves (Portugal), ferírono na batalla de Cambedo da Raia do día 21/12/1946 contra forzas represivas españolas e portuguesas. Alí se deron cita a Garda Nacional Republicana (GNR) portuguesa de varias cidades, soldados da Sección Cazadores nº 10, axentes da Policía Internacional e de Defensa do Estado (PIDE), carabineiros. A aldea cercárona e bombardeárona o día 22. Morreron dos membros das forzas represoras e varios resultaron feridos. A Demetrio e a varios familiares prendéronos, despois de renderse.
Detido co seu cuñado Manuel Bárcea (este 3 semanas despois). Morreron no combate o seu lugartenente Juan Salgado Riveiro, Juan, e o seu compañeiro Bernardino García García, este semella que por suicidio.
Ingresou no cárcere de Porto (Portugal) o día 23/12/1946.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Porto, o día 12/12/1947, co resultado de sentenza a 19 anos de prisión.
Enviado o día 11/06/1948 ao campo de concentración de Tarrafal (Illa de Santiago, Cabo Verde). Rematou de cumprir a condena na Cadea Penitenciaria de Lisboa (Portugal), de onde o liberaron o día 19/02/1965.
Exiliouse en Francia, primeiro en París e logo en Burdeos (Nova Aquitania, Francia).
Non volveu a Galicia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.