← Volver atrás

Salgado Riveiro, Juan

Alcume: Juan
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Casas dos Montes, San Xoán da Granxa, Oímbra
(Ourense)

Morte:

Cambedo da Raia, Chaves
(Portugal)
- 21/12/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego. Veciño das Casas dos Montes. Dunha familia de músicos, tocaba o cornetín.

Militante da CNT.

Fuxido. Encarcerado.

Militou no grupo guerrilleiro de Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo.

Demetrio García Álvarez, Pedro, fuxido no monte desde 1937, creou un grupo guerrilleiro na Raia Seca galaico-portuguesa a comezos de 1945, polas zonas de Verín e Chaves, onde contou como lugartenente con Juan Salgado Riveiro, tamén de Casas dos Montes. Estivo con eles Jesús Girón Bazán (irmán de Manuel Girón) e moitos portugueses; eran uns trinta antifranquistas que loitaban na zona da Raia Seca portuguesa.

Refuxiado na casa dunha familia de Cambedo da Raia, ferírono e logo abatérono na coñecida como Batalla de Cambedo do día 21/12/1946 contra forzas represivas da Garda Civil e da Garda Nacional Republicana, da Garda Fiscal, do exército e da PIDE portuguesas. O enfrontamento desigual prolongouse por varias horas.

Prenderon a Demetrio e o cuñado deste, Manuel Bárcea (tres semanas despois). Juan morreu no enfrontamento co seu compañeiro Bernardino García García, este semella que por suicidio.

En algunhas fontes aparece como Juan García Salgado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha