Nacemento:
Morte:
Tiña 40 anos. Casada con Antonio Amaro; tiveron tres fillos. Eugenio, Álvaro e Moisés. Veciña de Montecelo, Chavaga. Irmá de Ramón López Casanova, tamén executado. Tía de José-Maximiliano López Centeno, fusilado, e de María-Luisa López Centeno e Oliva López Centeno, encarceradas.
Executada.
Tía política de Carmen Rodríguez Nogueira, viúva do seu sobriño José-Maximiliano. Carmen foi quen de converter a familia do seu home en enlaces e casa de apoio da guerrilla antifranquista desde setembro do ano 1947.
Nun enfrontamento cun grupo de fuxidos en Repil e O Piricallo, en Chavaga, o día 20/04/1949 interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo).
Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña, e Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represoras. Tamén finou, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto. A Ramón López Casanova e a María López Casanova, que actuaban como enlaces e eran os donos da casa, executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, ferido, foi quen de fuxir con Samuel Mayo Méndez. A María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.
A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.
Aos seus fillos maiores, Eugenio Amaro López e Álvaro Amaro López, condenáronos a tres anos de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.