Nacemento:
Morte:
Tiña 9 anos. Solteira. Veciña de Montecelo. Irmá de José-Maximiliano López Centeno, fusilado, e de María-Luisa López Centeno, tamén encarcerada. Filla de Ramón López Casanova e sobriña de María López Casanova, asasinados. Á súa nai, Petra Centeno Baños, condenárona á cadea.
Encarcerada.
Cuñada de Carmen Rodríguez Nogueira, viúva do seu irmán José-Maximiliano. Carmen foi quen de converter a familia do seu home en enlaces e casa de apoio da guerrilla antifranquista desde setembro do ano 1947.
Procesada polo enfrontamento de Repil e O Piricallo, en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) o día 20/04/1949, no que interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo) contra varios guerrilleiros.
Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña, e Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finou, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto. A Ramón López Casanova e a María López Casanova; estes dous últimos que eran irmáns, enlaces e donos da casa, executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, ferido, sería quen de fuxir con Samuel Mayo Méndez. A María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.
A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que daría o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.
Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 318/49, co resultado de sentenza a dous anos de prisión segundo resolución do día 15/08/1949.
Internárona en Lugo e na Prisión Provincial de Mulleres de Madrid, onde coincide coas súa nai, a súa irmá e a súa cuñada.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.