← Volver atrás

Centeno Baños, Petra

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Toral de los Vados
(León)
- 01/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 55 anos. Casada con Ramón López Casanova, asasinado. Veciños de Montecelo, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo). Nai de José-Maximiliano López Centeno, fusilado, e de María-Luisa López Centeno e Oliva López Centeno, encarceradas. Cuñada de María López Casanova, tamén executada.

Encarcerada.

Sogra de Carmen Rodríguez Nogueira, viúva do seu fillo José-Maximiliano. Carmen converteu á familia do seu home en enlaces e casa de apoio da guerrilla antifranquista desde setembro do ano 1947.

Nun enfrontamento o día 20/04/1949 cun grupo de fuxidos en Repil e O Piricallo, en Chavaga, interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo). Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finou, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto. A Ramón López Casanova e a María López Casanova, que actuaban como enlaces e eran os donos da casa, executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, ferido, foi quen de fuxir con Samuel Mayo Méndez. A María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Xulgárona en consello de guerra en Lugo polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 318/49, co resultado de sentenza a dous anos de prisión segundo resolución do día 15/08/1949.

Presa en Quiroga (Lugo), Lugo e na Prisión Provincial de Mulleres de Madrid, onde coincide coas súas fillas e a súa nora.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha