← Volver atrás

Rodríguez Nogueira, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Os Albaredos, San Miguel de Montefurado, Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 21/11/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 24 anos. Casada con José-Maximiliano López Centeno, fusilado; tiveron dúas fillas: Manuela e Josefina. Veciños dos Albaredos. Era a terceira de sete irmáns. Irmá de José Rodríguez Nogueira, tamén encarcerado.

Encarcerada.

Carmen non era enlace da guerrilla antifranquista, pero cando os franquistas mataron ao seu home, que era republicano, os amigos deste comezaron a acudir a agocharse na súa casa; por alí pasaron guerrilleiros galegos, leoneses e asturianos. Carmen rematou sendo enlace da guerrilla.

Por mor destas acollidas resultou salvaxemente torturada e encarcerada.

Presa en Quiroga desde abril de 1949, despois do enfrontamento de San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo), que supuxo, a máis, a caída de moitos enlaces da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG). Alí arrincáronlle as unllas, queimáronlle a cabeza, as axilas e a vaxina.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

O día 13/09/1949 trasladárona a Lugo.

Xulgada en consello de guerra en Lugo o día 23/03/1950 polo delito de auxilio a bandoleiros e por encubrir a grupos armados , na causa 318/49, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Xulgaron neste procedemento a: Julián Mateo Vázquez, Carmen Rodríguez Nogueira e Ermitas Vega Casanova. Procesaron a 25 persoas acusadas de seren enlaces da guerrilla. A Carmen condenárona a 12 anos de prisión e a Ermitas Vega Casanova a dez anos.

O día 30/06/1950 trasladárona á Prisión Provincial de Mulleres de Madrid. De cárcere, violárona e torturárona. Ás dúas fillas internáronas no Patronato de Protección á Muller, en Miño (A Coruña).

Puxérona en liberdade provisoria por boa conduta o día 20/12/1952; en liberdade definitiva o 24/05/1954. Viviría entón na Coruña, onde estivo baixo o control policial outros 20 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha