← Volver atrás

Rodríguez Nogueira, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Miguel de Montefurado, Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Ferroviario, 27 anos. Casado. Veciño de Quiroga. Irmán de Carmen Rodríguez Nogueira, tamén encarcerada.

Encarcerado.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 24/01/1937 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 98/37, co resultado de sentenza a prisión temporal segundo resolución do día 30/08/1937.

Condenaron á pena de morte a: Tiberio Álvarez Gómez (conmutada por cadea perpetua), José-Maximiliano López Centeno e Herminio Vidal Rodríguez (conmutada por cadea perpetua); a cadea perpetua castigaron a: Aquilino Fernández Cao, Antonio Lorenzo Incógnito e Inocencio Ogando Ferreiro; tamén condenaron á cadea temporal a: José Mondelo Vicente e José Rodríguez Nogueira.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 20/08/1940.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha