← Volver atrás

Zapico Terente, Manuel

Alcume: o Asturiano, Lito
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

La Fresnosa, Langreo
(Principado de Asturias)
- 10/11/1926 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)
- 28/08/2004 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro barreneiro, 9 anos. A súa familia sofre a represión franquista despois da caída da Fronte Norte no ano 1937. No ano 1942, con 16 anos, traballa de barreneiro no pozo San Luis.

Fuxido. Exiliado.

No ano 1941 entra en contacto co PCE.

Véndose perseguido pola policía do novo réxime, no ano 1946 trasladouse a Fabero (León) e uniuse á partida guerrilleira que dirixían Evaristo González Pérez, Rocesvinto, e Guillermo Morán García.

No ano 1947 pasou a Galicia e incorporouse en 1948 á II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Na primavera de 1949, despois dos desastres guerrilleiros en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) e Villasinde, Vega de Valcarce (León) regresaron á comarca do Bierzo (León) os membros da II Agrupación: Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Roberto López Rodríguez, Virnes; Odilo Fernández Rodríguez, Blas, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito.

Despois pasaron á Serra da Cabreira (León e Zamora), incorporándose á partida de Manuel Girón Bazán, Girón, do que Manuel Zapico foi un dos últimos compañeiros ata a morte do leonés no ano 1951.

Tras da morte de Girón Bazán marcha a Francia na compañía de Silverio Yebra Granja, Pedro Juan Méndez e Francisco Martínez López, Quico. Cruzan a fronteira francesa en setembro do ano 1951.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 160/51 e na causa 170/51.

A Zapico deportárono a España, sería quen de fuxir e regresou a Francia.

No país veciño traballou como albanel e logo montou a súa propia empresa. Casou cunha francesa e tivo a súa residencia en Bourré, Loir e Cher, Centro-Val do Loira (Francia).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha