Nacemento:
Morte:
Labrego, 25 anos. Irmán de José López Armesto, alcalde republicano de Paradela (Lugo) e de Hermenegildo López Armesto, perseguido.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Acusado de ser extremista das esquerdas.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 909/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Paradela.
Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.
Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.
A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.
Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.
Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.
Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.
Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e Avelino Vázquez López.
Sobresemento provisorio a Francisco López Vila.
Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.
Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.
Procesárono en varias causas máis en Lugo e na Coruña.
Na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) José-Luis Castro Veiga, o Piloto, creou o Destacamento D, no que se integraron: Abelardo Gutiérrez Alba; Elías López Armesto, o Paxariño; José Arias Fernández, Cristo; Adolfo-Gregorio Cenitagoya González; José Pardo Rodríguez, o Rego, e Francisco López Quinte, Paco de Rigueiro. Elías foi un dos lugartenentes do Piloto, do que se separou máis tarde.
Ao separarse do Piloto houbo unha infiltración das contrapartidas no seu grupo; tratábase de Francisco Cano Román, introducido na guerrilla a través do enlace de Santa María de Toiriz, Pantón (Lugo), Senén Garrido.
O día 22/06/1949 os disparos do infiltrado Francisco Cano Román remataron coa vida dos seus compañeiros, Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, Soutiño, e Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, en Teilán. A Elías malferírono, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois; o seu cadáver apareceu un mes máis tarde nun barranco.
O Piloto puido fuxir do lugar dos feitos, desvinculouse da organización e converteuse nunha especie de "topo". Tiña medo de que os comunistas o acusaran das mortes dos seus compañeiros.
O infiltrado fixérase pasar por un enviado do partido desde Francia.
Un pastor atopou o seu cadáver devorado por animais case que un mes máis tarde.
A Elías López soterrárono no cemiterio de Teilán, nun lugar diferente ao dos outros dous guerrilleiros.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.