← Volver atrás

Arias Aceiro, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Paradela
(Lugo)
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 31/12/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 53 anos. Casado. Veciños de Paredes de Arriba, Santa María de Castro de Rei de Lemos, Paradela.

Encarcerado. Morte na cadea.

Ingresado no depósito de Sarria o día 14/03/1937 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 909/36, contra varios veciños de Paradela, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.

Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.

A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.

Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.

Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.

Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.

Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e de Avelino Vázquez López.

Sobresemento provisorio a Francisco López Vila.

Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.

Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Morte rexistrada na cadea en Lugo a causa dunha bronquite crónica.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.