← Volver atrás

López González, Julio

Alcume: Xulio o Bruto
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Castro de Rei de Lemos,Paradela
(Lugo)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 28 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Santa María de Ferreiros, Paradela.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe militar fuxiu e capturárono os represores que o buscaban por deserción.

Ingresárono no depósito municipal de Monforte de Lemos (Lugo) o día 19/05/1939. Deixárono en liberdade o seguinte día 26 de maio.

Arrestárono de novo o 27/12/1939 polo delito de rebelión militar e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar e sedición, na causa 168/36 e na causa 909/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Paradela.

Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.

Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.

A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.

Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.

Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.

Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.

Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e Avelino Vázquez López.

Sobresemento provisorio a Francisco López Vila.

Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.

Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.

Pena ordinaria conmutada na Comisión Provincial de Exame de Penas de Lugo pola de seis anos de reclusión. Concédeselle a prisión atenuada o día 28/06/1941. Publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 214 do día 02/08/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal MIlitar Territorial da Coruña o día 17/04/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de condena a un ano de cadea. Nesta causa procesaron a 64 persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.