← Volver atrás

Abella Armesto, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Paradela
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 29/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro e labrego, 27 anos. Solteiro. Veciño de Nai, San Vicente de Paradela, Paradela. Ao seu irmán Manuel Abella Armesto procesárono e absolvérono.

Executado. Sancionado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 21/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polos delitos de sedición e rebelión, na causa 108/36, causa 168/36 e causa 909/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

No proceso 108/36 condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Marcelino López López e Daniel Pérez López. Castigaron a cadea perpetua a Adolfo Pérez Pérez. A 12 anos de prisión enviaron a Manuel López López. Sancionaron con multas a: Camilo González González (400 pesetas) e Manuel Pérez Bande. Deixaron en liberdade a Jesús López Yáñez.

No procedemento 168/36 xulgaron a varios veciños de Paradela. Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, Julio-Manuel Cid Rodríguez, Manuel Díaz Díaz, Pablo Díaz López, Valentín López García, Benigno López López, José López López, Orencio López López, Manuel López Rodríguez, José López Yáñez, Manuel Pérez González, Ramiro Rodríguez Gutiérrez e Pedro Rodríguez Rodríguez. Penas de cadea perpetua para: Ramiro Bande López, Higinio López López, Cándido López Pena, José López Pena, Jesús López Varela, Ramón López Varela, Manuel Rodríguez López e Antonio Rodríguez Rodríguez. 20 anos de prisión: Julio Fernández Incógnito, Domingo López Arias e Pegerto López López. Castigaron a 15 anos a Francisco López González. Á pena de 12 anos condenaron a: Francisco López López, Manuel López López e Enrique Rodríguez Díaz. A Ángel López Iglesias penárono a seis anos. A sentenza declarou absoltos a: Manuel Abella Armesto, Emilio López Moure, Leonardo López Rodríguez, Manuel López Vázquez e Marcelino Vázquez Díaz.

Tamén xulgaron a veciños de Paradela na causa 909/36.

Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.

Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.

A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.

Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.

Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.

Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.

Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e Avelino Vázquez López.

Sobresemento provisorio para Francisco López Vila.

Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.

Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.

Fusilárono os golpistas, con outras persoas, en Lugo.

Condenado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, en 1940, ao pago de 50.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.