← Volver atrás

Dosío López, José-Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Paradela
(Lugo)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 29/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico e político, 35 anos. Solteiro. Veciño da Torre, San Mamede de Castro, Paradela.

Presidente do Sindicato de Traballadores de San Xoán de Loio. Alcalde de Paradela en 1931, tenente de alcalde polo PSOE en 1933 e pola Fronte Popular (FP) en 1936.

Executado. Sancionado.

Despois do golpe militar prendeuno a Garda Civil, con outras persoas, o día 20/07/1936 en Portomarín (Lugo) e trasladárono ao cárcere de Sarria (Lugo), acusado da requisa de armas os días 18 e 19 de xullo para defender a legalidade republicana.

Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 21/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polos delitos de rebelión militar e sedición, na causa 909/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Xulgaron a varios veciños de Paradela.

Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.

Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.

A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.

Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.

Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.

Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.

Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e Avelino Vázquez López.

Sobresemento provisorio a Francisco López Vila.

Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.

Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.

Fusilado en Lugo.

Morte rexistrada en Lugo por mor de feridas mortais na cabeza.

Condenado no ano 1940, con outras persoas, polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña ao pago de 50.000 pesetas por responsabilidades civís.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.