← Volver atrás

Rego López, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Paradela
(Lugo)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 21 anos. Solteiro. Veciño de Caraba, Santa María de Ferreiros, Paradela.

Encarcerado.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de tenencia de armas, na causa 168/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 13/07/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar e sedición, na causa 909/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Proceso contra varios veciños de Paradela.

Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.

Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.

A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.

Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.

Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.

Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.

Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e Avelino Vázquez López.

Sobresemento provisorio para Francisco López Vila.

Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.

Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.

Trasladado ao cárcere de Santiago de Compostela (A Coruña) o día 07/05/1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.