Nacemento:
Morte:
Labrego, 54 anos. Casado. Veciño de Vilachá, San Salvador de Cortes, Paradela.
Encarcerado.
Ingresado no depósito de Sarria (Lugo) o día 17/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Sarria (Lugo) polo delito de sedición, na causa 114/36.
Xulgado en en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión (tenencia ilícita de armas), na causa 168/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Paradela.
Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, Julio-Manuel Cid Rodríguez, Manuel Díaz Díaz, Pablo Díaz López, Valentín López García, Benigno López López, José López López, Orencio López López, Manuel López Rodríguez, José López Yáñez, Manuel Pérez González, Ramiro Rodríguez Gutiérrez e Pedro Rodríguez Rodríguez. Penas de cadea perpetua para: Ramiro Bande López, Higinio López López, Cándido López Pena, José López Pena, Jesús López Varela, Ramón López Varela, Manuel Rodríguez López e Antonio Rodríguez Rodríguez. 20 anos de prisión: Julio Fernández Incógnito, Domingo López Arias e Pegerto López López. Castigaron a 15 anos a Francisco López González. Á pena de 12 anos condenaron a: Francisco López López, Manuel López López e Enrique Rodríguez Díaz. A Ángel López Iglesias penárono a seis anos. A sentenza declarou absoltos a: Manuel Abella Armesto, Emilio López Moure, Leonardo López Rodríguez, Manuel López Vázquez e Marcelino Vázquez Díaz.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Lugo.
Puxérono en liberdade o día 26/01/1942.
Xulgárono en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á rebelión na causa 307/45.
Procesado por responsabilidades políticas en Lugo e indultárono en 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.